Crear un dominio na rede Tor
febrero 17, 2021Para crear un dominio na rede Tor, tes que ter instalado un servidor LAMP.
Se non o tes, procura como facelo nesta mesma páxina e instálao.
1º- Abre o terminal coma root.
2º- Escribe:apt-get install screen build-essential libevent-dev openssl zlib1g-dev libssl-dev
3º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate. Despois pecha o terminal.
4º- Crea unha carpeta na home
do usuario chamada ‘tor’.
5º- Abre o terminal coma usuario normal e móvete a esa carpeta con esta sintaxe:cd /home/user/tor
6º- Abre o navegador da internet e entra neste enderezo:
https://www.torproject.org/dist/
Nese enderezo, podes ver cal é a versión máis recente.
Supoñamos que é a ‘tor-0.2.4.26.tar.gz’.
7º- O descargas escribindo no terminal:wget https://www.torproject.org/dist/tor-0.2.4.26.tar.gz
8º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate.
9º- Escribe:tar zxf tor-0.2.4.26.tar.gz
10º- Preme ‘intro’.
10º- Móvete á carpeta recen creada así:cd tor-0.2.4.26
11º- Escribe:./configure && make
12º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate.
13º- Entra no terminal coma root.
14º- Escribe:cd /home/usuario/tor/tor-0.2.4.26/
15º- Preme ‘intro’.
16º- Escribe:make install
17º- Preme ‘intro’.
18º- Escribe:cd src/config
19º- Preme ‘intro’.
20º- Escribe:cp torrc.sample torrc
21º- Preme ‘intro’.
22º- Escribe:mousepad /usr/local/etc/tor/torrc
O mousepad
é un editor de texto plano, pero podes empregar outro calquera, sempre que sexa de texto plano.
23º- No arquivo aberto no editor de texto, procura a seguinte liña:This section is just for location-hidden services
24º- Ao final dese apartado, escribe:HiddenServiceDir /home/usuario/tor/hidden_service/
HiddenServicePort 80 127.0.0.1:56000
O número 56000 é o porto que pos á escoita, pode ser un calquera agás os que estean ocupados polo sistema.
25º- Garda os cambios e pecha o editor.
26º- Escribe:mousepad /etc/apache2/sites-available/000-default.conf
27º- Preme ‘intro’.
28º- Neste arquivo hai que mudar a liña que pon:<VirtualHost *:80>
por<VirtualHost *:56000>
29º- Garda os cambios e pecha o editor.
30º- Escribe:mousepad /etc/apache2/ports.conf
31º- Preme ‘intro’.
Debaixo de Listen 80
escribe:NameVirtualHost 127.0.0.1:56000
Listen 127.0.0.1:56000
32º- Garda os cambios e pecha o editor.
33º- Escribe:/etc/init.d/apache2 restart
34º- Preme ‘intro’.
35º- Pecha o terminal e despois ábreo de novo para entrar coma usuario normal.
36º- Escribe:tor &
37º- Preme ‘intro’.
Isto fai visible o teu novo dominio na rede Tor e se non tiñas creado o dominio, créao.
A páxina tes que aloxala en /var/www/html
Para verlo mellor, podes botar unha ollada ao meu vídeo en https://youtu.be/fY6_vAUg_as