Instalar un servidor LAMP en Debian

1º- Entra coma root no terminal.

2º- Escribe:
mousepad /etc/apt/sources.list

O ‘ mousepad ‘ é un editor de texto plano, pero podes empregar outro calquera, sempre que sexa de texto plano.

3º- Engade esta liña:
deb http://ftp.us.debian.org/debian/ stable main non-free contrib

4º- Garda os cambios e pecha o editor.
5º- Escribe no terminal:
apt-get update

6º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate.
7º- Escribe:
apt-get install apache2

8º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate.
9º- Escribe:
apt-get install mariadb-common mariadb-client mariadb-server

10º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate.
11º- Escribe:
apt-get install php7.3 libapache2-mod-php7.3 php7.3-gd php7.3-mysql

12º- Preme ‘intro’ e agarda ata que remate.
13º- Escribe:
apt-get install adminer

Preme intro.
Cando remate, terás que copiar a carpeta adminer (onde está adminer.php ) e inserila na carpeta /var/www/html

14º- Unha vez rematada a instalación escribe:
/etc/init.d/apache2 restart

15º- Preme ‘intro’.
16º- Escribe:
/etc/init.d/mysql restart

17º- Preme ‘intro’.
Listo, se todo foi ben, xa tes instalado un servidor LAMP . Abre o navegador, e na barra de enderezos escribe ‘ localhost ‘ (sen comiñas), e si aparece a pantalla de benvida do Apache , é que todo foi ben.

Para aloxar unha páxina, tes que dar permisos de lectura/escritura á carpeta ‘/ var/www/html ‘ e aloxala alí.

Ver vídeo en https://youtu.be/EJju6EX770g

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *