Controlador de fluxo For…Next en Gambas

febrero 18, 2021 Por admin 0

O código adoita executarse de enriba a abaixo, pero as veces temos que volver atrás, repetir código ou tomar decisións e isto faise coas sentencias de control de fluxo.

Moitas veces, precisarás facer as mesmas operacións un número determinado de veces.
Entón a sentencia “For” é a que necesitas.

Sintaxe:

For index = number to number [Step number]
sentence
sentence
Next

O que vai entre corchetes é opcional.

Inicializa unha variable índice co valor de “Número1” e dille que ten que avanzar ata o valor de “Número2”. O avance execútase co “Next”. Se non se especifica o argumento “Step”, Variable incrementarase de un en un.
Pero si queres que vaia de dous en dous, engadiríamos “Step 2” ou si queres que na vez de incrementar, decremente, faríamos “Step -1”

Por exemplo sírvenos para percorrer un array:

Dim MeuArray As New Integer[10]
Dim NumMaior as Integer
Dim i as Integer

MeuArray[0]=7
MeuArray[1]=5
MeuArray[2]=9
MeuArray[3]=3
MeuArray[4]=4
MeuArray[5]=8
MeuArray[6]=10
MeuArray[7]=1
MeuArray[8]=6
MeuArray[9]=2
NumMaior=0
For i=0 To 9
If MeuArray[i]>NumMaior Then
NumMaior=MeuArray[i]
Endif
Next

Message(“O número maior é “ & NumMaior)

Ou ao revés:

For i=9 to 0 Step -1
Next

Tamén pódense aniñar.