Controlador de fluxo If…Then…Else en Gambas
febrero 18, 2021O código adoita executarse de enriba a abaixo, pero as veces temos que volver atrás, repetir código ou tomar decisións e isto faise coas sentencias de control de fluxo.
Esta é a sentencia coa que podemos tomar decisións avaliando unha ou varias expresións.
A súa sintaxe e a seguinte:
If condition1 [And | Or condition] Then
sentence1
Else If condition2 Then
sentence2
Else
sentence3
End if
Isto en linguaxe humana quere dicir:
O If —– Si se cumpre á condición 1, executa a sentencia 1 (os corchetes queren dicir que é opcional).
O Elseif —– Se non se cumpren as condicións anteriores, pero cumpre á condición actual, executa a sentencia 2
Else —– Se non se cumpre ningunha das condicións anteriores, executa a sentencia 3.
Pode haber If aniñados como se amosa no exemplo seguinte:
Dim Idade as Integer
If Idade<3 Then
Message(“Bebé”)
Else If Idade>2 And Idade<=12 Then
Message(“Neno ou nena”)
Else If Idade>12 And Idade<=17 Then
If Idade=16 then
Message(“Xa podes ir á cadea”)
Else
Message(“Xoven”)
End if
Else If Idade=18 Then
Message(“Parabéns, xa podes votar”)
Else
Message(“Adulto”)
End if
GRACIAS, MUY UTIL
Moitas grazas a ti.
O meu primeiro gústame.