Manexo de cadeas de texto en Gambas
febrero 18, 2021Moitas veces precisamos engadir unha cadea de caracteres a outra, ou cortar cadeas ou atopar unha cadea dentro doutra. Para elo temos un operador de concatenación “&” co que podemos engadir unha cadea a outra, por exemplo:Dim string1, string2, menssage As StringTexto1=”Ola”Texto2=”mundo!”Mensaxe=Texto1 & “ “ & Texto2
Pero tamén temos varias funcións:Asc(string,position) —– Devolve o código ASCII do carácter que está na posición indicada. Se non se da a posición, devolverá o primeiro carácter.Chr$(number) —– Devolve o carácter correspondente ao número dado do código ASCIIFormat$ —– Devolve un String a partires dun numero co seguinte formato:+ —– Amosa o signo dun número. Exemplo: Message(Format$(Pi,”+#.###”)) Resultado +3.142
– —– Amosa o signo dun número só si é negativo. Exemplo: Message(Format$(Pi,”-#.###”)) Devolve 3.142
# —– Amosa un díxito só si é necesario. Exemplo: Message(Format$(Pi,”##.###”)) Resultado 3.142
0 —– Sempre amosa o díxito, enchendo con ceros si é necesario. Exemplo: Message(Format$(Pi,”0#.0000”)) Devolve 03.1416
Mais funcións:InStr(string,string[,init]) —– Procura unha cadea dentro doutra a partires da posición dada.RinStr(string,string[,init]) —– Coma a anterior pero empeza dende a dereita.Mid$(string,init,length) —– Obtén unha subcadea de texto a partires doutra.