Matrices ou Arrays en Gambas

febrero 18, 2021 Por admin 0

Hai situacións no que precisamos que unha variable conteña varios ou moitos datos. A solución son as matrices ou arrays. Os Arrays poden conter calquera tipo de datos coa única condición de que un Array só pode conter un mesmo tipo de datos. Os Arrays dimensiónanse para conter unha cantidade determinada de datos. Pódense facer tan grandes como queiras coa única limitación do tamaño da memoria.

Tamén cabe a posibilidade de poñer varias dimensións nos Arrays e o que a simple vista resulta máis complexo, pódese poñer 1,2,3,4,5…… dimensións nun mesmo Array. Din por aló, que 5 dimensións non hai quen as xestione. Penso que quen di tal, emprega pouco o cerebro, por que é verdade que no mundo físico é moi difícil explicar unha 5ª ou 6ª dimensión, pero na programación, eu xa teño feitos programas con matrices de 5 dimensións.

Os Arrays decláranse deste xeito:

Dim array As New Type[number,number]

Neste caso, os corchetes non indican que sexa opcional, o que sí é opcional é o número de elementos.

Por exemplo:

Dim MeuArray As New Integer[10]

MeuArray ten 1 dimensión con 10 elementos no que o primeiro elemento ten un índice 0 e o último ten un índice de 9. Para inicializar MeuArray, facemos da seguinte maneira:

MeuArray[0]=7
MeuArray[1]=5
MeuArray[2]=9
MeuArray[3]=3
MeuArray[4]=4
MeuArray[5]=8
MeuArray[6]=10
MeuArray[7]=1
MeuArray[8]=6
MeuArray[9]=2


Isto sabendo a dimensión do array, se non o sabes, pódese declarar deste xeito:

Dim array As New Type[]

E para inicializalo e redimensionalo á vez:

array=New Tipo[]
array.Add(value)
array.Add(value)
array.Add(value)