Operacións matemáticas en Gambas

febrero 18, 2021 Por admin 0

+,-,* e /, úsanse respectivamente para sumar, restar, multiplicar e dividir

Emprégase deste xeito:

Variable3=Variable1+Variable2
Variable3 tomará o valor produto da suma de Variable1 mais Variable2

^ é o operador de potencia, por exemplo:

Variable=4 ^ 3
Variable collerá o valor 64.

A maiores tes os operadores:

Div: Devolve a parte enteira dunha división, por exemplo 9 Div 4 = 2

e

Mod ou %: Devolve o resto dunha división, por exemplo 9 Mod 4 = 1.

E para casos máis complexos temos as seguintes funcións:

Abs(expresión) —– Devolve o valor absoluto dunha expresión
Int(expresión) —– Devolve a parte enteira dunha expresión
Max(expresión 1, expresión 2…) —– Devolve o número maior das expresións dadas
Min(expresión 1, expresión 2…) —– Devolve o número menor das expresións dadas
Round(expresión[,decimais]) —– Redondea a expresión coa cantidade de decimais indicados
Os corchetes indican que é opcional.

Rnd([número mínimo ,número_máximo+1]) —– Se non se pon ningún número, devolverá un número float pseudoaleatorio entre 0 e 1. Si se pon un só número, devolverá un número pseudoaleatorio float entre 0 e o número posto. Si se pon dous números, devolverá un número pseudoaleatorio float entre número_mínimo e número_máximo.

Para simular unha tirada dun dado, sería así:

CInt(Rnd(1,7))

Para que o número sexa aleatorio, Rnd ten que ir despois de RANDOMIZE que colle a semente do número aleatorio dos milisegundos do reloxo do sistema. RANDOMIZE non ten argumentos e é aconsellable poñelo só unha vez antes cos Rnd().