Variables en Gambas.
febrero 18, 2021Para facer calquera cousa na que teñamos que manexar datos, precisamos variables para almacenar eses datos.
Os datos almacenados nunha variable, quedan almacenados nunha dirección da memoria RAM
As variables hai que declaralas para reservar o espazo adecuado na memoria RAM
.
As variables decláranse ao principio do código.
Para declarar unha variable nunha subrutina, procedemento ou función, faise deste xeito:Dim var As type
E só terá vida mentres se execute ese procedemento o función.
Si queres que a variable estea activa en todo o formulario, hai que declarala antes dos procedementos e funcións deste xeito:Private var As type
Pero si queres que a variable estea activa en todos o formularios, hai que declarala nun módulo deste xeito:Public var As type
As variables son sensibles ás maiúsculas polo que unha variable chamada “Nome
” é distinta a outra que se chame “nome
”.
O nome dunha variable só pode ter letras, números ou guión baixo, debe empezar por unha letra ou guión baixo e non poden superar os 255 caracteres.
É moi recomendable poñer nomes descritivos, para non volverse tolo cando teñas que revisalo pasado un tempo.