Variables en JavaScript

febrero 18, 2021 Por admin 0

Para facer calquera cousa na que teñamos que manexar datos, precisamos variables para almacenalos.

Os datos almacenados nunha variable, quedan almacenados nunha dirección da memoria RAM

As variables hai que declaralas para reservar o espazo adecuado na memoria RAM.

As variables decláranse en calquera parte do código.
Para declarar unha variable nunha subrutina, procedemento ou función, faise deste xeito:

var var_name;

E só terá vida mentres se execute ese procedemento o función.

Si queres que a variable estea activa en todo o documento, hai que declarala antes dos procedementos e funcións

No JavaScript as variables poden ser numéricas, de texto ou booleanas. As de texto, o dato ten que ir entre comiñas e o resto un número sen comiñas.

JavaScript permite que unha variable poida almacenar distintos tipos de datos en cada anaco de código. É dicir, unha variable que agora almacena texto, despois pode almacenar números.

É moi recomendable poñer nomes descritivos, para non volverse tolo cando teñas que revisalo pasado un tempo.