Controlador de fluxo switch con Javascript

febrero 19, 2021 Por admin 0

O código adoita executarse de enriba a abaixo, pero as veces temos que volver atrás, repetir código ou tomar decisións e isto faise coas sentencias de control de fluxo.

Esta sentencia é moi parecida ao if…else if…else e cumpre a mesma función.

A súa sintaxe é:

switch(obxecto_de_analise){
case valor1:
..instruccions
case valor2:
..instruccions
default:
..instruccions
}

Switch funciona de este xeito: nos parénteses colocase unha expresión a avaliar, e en cada apartado case, colocase un posible valor da expresión. Os valores que se cumpran farán que se executen as instrucións que lles seguen. No caso de que non cumpra ningunha executaríanse as correspondentes ao default (non é obrigatorio poñer este apartado).

Exemplo:
var x=12;

switch(x){
case 4:
alert("
É catro");
break;
case 8:
alert("
É oito");
break;
case 12:
alert("
É doce");
break;

default:
alert("
Non é ningunha das anteriores");
}

Fai falla poñer a instrución break xa que doutro xeito, cando atopa o valor que cumpre a expresión, executase o seu “case” e os “case” seguintes.