Copiar, borrar e renomear ficheiros con PHP
febrero 19, 2021A función copy() serve para facer unha copia física dun ficheiro noutro. Para poder realizar esta operación, o ficheiro orixinal non pode estar aberto. Esta función devolve o valor lóxico True si se puido realizar a operación sen problemas ou False se non se puido.
A súa sintaxe é:copy("nome_do_ficheiro_orixinal", "nome_do_ficheiro_destino");
A función unlink() serve para borrar fisicamente un ficheiro. Para poder realizar esta operación, o ficheiro orixinal non pode estar aberto. Esta función devolve o valor lóxico True si se puido realizar a operación sen problema ou False no caso contrario.
A súa sintaxe é:unlink(ficheiro);
A función rename() serve para renomear un ficheiro. Para poder realizar esta operación o ficheiro orixinal non pode estar aberto. Esta función devolve o valor lóxico True si se puido realizar a operación sen problemas ou False no caso contrario.
A sintaxe é a seguinte:rename("nome_orixinal","novo_nome");