Matrices ou Arrays con Javascript
febrero 19, 2021Os arrays (matrices) son elementos indispensables na programación. Un array é un conxunto de datos agrupados. Para acceder a cada elemento individual do array emprégase un número índice, o primeiro elemento terá o índice 0. No caso dos arrays de JavaScript, o seu emprego é moi eficaz e moito mais libre que nas linguaxes formais (como Pascal por exemplo).
Para crear un array faise:
nome_do_array = new Array();
Isto crea un array de tamaño indeterminado.
Para encher os valores do array:
nome_do_array[0] = valor;
nome_do_array[1] = valor;
nome_do_array[2] = valor;
nome_do_array[3] = valor;
Despois de asignar os valores o array faise mais grande. Tamén pódese especificar o seu tamaño ao crealo:
nome_do_Array= new Array(tamaño)
Podes asignar valores na propia creación do array.
Exemplo:equipas= new Array(“Celta de Vigo”, “Deportivo da Coruña”);
A maiores, un array pode ter distintos tipos de datos:meuPc = new Array(“HP”, “Pentium IV”, 64);
E cada elemento dun array pode ser outro array:
elemento = new Array(8);
elemento[3] = new Array(5);
Declaración dun array de dúas dimensións:var Meu_Array = new Array(4);for(var i=0; i<4; i++) {
Meu_Array[i] = new Array(4);
for(var x=0; x<4; x++) {
Meu_Array[i][x] = "["+i+","+x+"]";
}}
Esto crea un Array de 4×4
Métodos do obxecto Arrayconcat(array). Xunta dous arrays.
Exemplo:a = new Array(12, 3, 5);
b = new Array(“Ola”, “Agur”);
c = a.concat(b);
O array c terá (12,3,5,"Ola","Agur")join(). Obtén unha cadea de texto que conten todos os elementos do array:a = new Array(“Vermello”, “Azul”, “Verde”);b = a.join();
A variable «b» contén “Vermello,Azul,Verde”reverse(). Inverte a orde dos elementos dun array. O primeiro pasa a ser o último e viceversa.Sort(). Obtén a matriz de xeito ordenado.
Propiedades do obxecto Arraylength. Obtén o número de elementos do array.