Notación completa de cores con CSS

febrero 19, 2021 Por admin 0

Notación hexadecimal RGB

Especifícanse os tres valores de cor (vermello, verde e azul) con valores en hexadecimal entre 00 e FF. Exemplo:

background-color: #ff8800;

Notación hexadecimal abreviada

Esta notación é moi parecida á anterior, pero permite abreviar un pouco a declaración da cor, indicando só un número para cada valor vermello, verde e azul. Por exemplo, para especificar a cor anterior (#ff8800) poderíamos ter escrito:
background-color: #f80;

Nome da cor

Tamén pódese definir unha cor polo seu nome. Os nomes das cores son en inglés, os mesmos que serven para especificar cores con HTML. Exemplo:
color: red;
border-color: Lime;

Notación de cor con porcentaxes de RGB

Pódese definir unha cor polos distintos porcentaxes de valores RGB. Se todos os valores están ao 100% a cor é branca. Se todos están ao 0% obteríamos o mouro e con combinacións de distintas porcentaxes de RGB obteríamos calquera matiz de cor. Exemplo: color: rgb(33%, 0%, 0%);

Notación por valores decimais de RGB, de 0 a 255

Dun xeito semellante á notación por porcentaxes de RGB pódese definir unha cor directamente con valores decimais nun rango dende 0 ao 255. Exemplo:
color: rgb(200,255,0);

Cor transparente

Para rematar, tamén existe a cor transparente, que non é ningunha cor, senón que específica que o elemento debe ter a mesmo cor que o fondo onde estea. Este valor, transparent, substitúe á cor. Podemos indicalo en principio só para fondos de elementos, é dicir, para o atributo background-color. Exemplo:
background-color: transparent;