Unidades de medida absoluta en CSS

febrero 19, 2021 Por admin 0

As unidades absolutas son medidas fixas, que deberían verse igual en todos os dispositivos. Como os centímetros, que son una convención de medida internacional. Pese a que nun principio poden parecer mais útiles, posto que veríanse en todos os sistemas igual, teñen o problema de adaptarse menos ás distintas particularidades dos dispositivos que poden acceder a unha web e restan accesibilidade á nosa web. Pode que no teu ordenador 1 centímetro sexa unha medida razoable, pero nun móbil pode ser un espazo exaxeradamente grande, posto que a pantalla é moito menor. Aconséllase empregar, polo tanto, medidas relativas. Son as seguintes:

pt —— un punto é 1/72 polgadas

in —– polgadas

cm

mm

pc —– unha pica son 12 puntos

% —– por exemplo 120% é o 120 por cen da unidade que estivera anteriormente

O porcentaxe emprégase para definir unha unidade en función da que estea definida nun momento dado. Imaxinemos que estamos traballando en 12pt e definimos unha unidade como 150%. Esto sería igual ao 150% dos 12pt actuais, que equivale a 18pt.

px —– Un píxel é un punto na pantalla do dispositivo. Dependendo da resolución da pantalla, un píxel pode ser maior ou menor.