Variables en PHP
febrero 19, 2021En PHP as variables represéntanse coma un signo de dólar seguido polo nome da variable. O nome da variable é sensible a minúsculas e maiúsculas.
Os nomes de variables seguen as mesmas regras que outras etiquetas en PHP. Un nome de variable valido ten que empezar cunha letra ou un guión baixo, seguido de calquera número de letras, números e guións.
Non é preciso inicializar variables en PHP, a pesar diso, é unha moi boa práctica. As variables non inicializadas teñen un valor predeterminado de acordo ao seu tipo – FALSE
, cero, unha cadea baleira ou un array baleiro. A función isset()
pódese empregar para detectar si unha variable xa foi inicializada.