Acerca de
Chámome Juan Enrique Montilla (gústame mais Kike) e levo máis de 30 anos aprendendo informática de xeito autodidacta.
Dáseme moi ben o diagnóstico de avarías, reparación, adecuación, montaxe e ampliación de ordenadores e servidores.
E recentemente, decateime que tamén son bo en redes.
A miña especialidade é a programación. Son quen de facer calquera aplicación web ou de escritorio.
Levo feito centos de aplicacións.
Por exemplo:
- Aplicación de xestión de gandería leiteira para vaca frisoa (Visual Basic)
- Aplicación para a xestión dun banco de tempo (Web)
- Aplicación para a creación de nóminas (Web en construción, https://dexergar.com/monminas/)
- Un
parchís (Gambas)
. - Unha axenda que envía os avisos que queiras vía correo electrónico (Web, https://dexergar.com)
- Unha
TPV (Gambas)
- Xogos para aprender vocabulario en galego (
Gambas
e Web). - Unha aplicación para a xestión dunha biblioteca e cdteca (
Gambas
).
Traballei nunha coñecida empresa (servizo oficial de informática El Corte Inglés) como técnico en instalacións informáticas sen titulación ningunha, pero onde quedaron moi contentos comigo por triplicar a produción con respecto aos meus compañeiros. Unha empresa onde chamoume o responsable de recursos humanos e man dereita do director, para felicitarme polo meu traballo (non o podía crer, alegroume o mes).
Con isto, quero dicir, que tamén pódese aprender de xeito autodidacta con moi bos resultados.
Agora levo dous anos facendo 2º do grado medio de sistemas microinformáticos con unhas notas que non as creo nin eu.
Fáltanme a práctica para obter o título e agardo obter traballo neste apaixonante mundo.
E polo momento non teño mais que dicir, ou si.
Neste mundo da informática, cando mais sábese, mais te decatas do pouco que sabes. É un mundo para aprender continuamente.
Unha aperta
Kike