Montar un disco duro en Debian

Coma root, crea unha carpeta escribindo:
mkdir /media/temp

Preme ‘intro’.

Agora, ollamos os discos duros que temos escribindo:
fdisk -l

Preme ‘intro’.

Por último, montamos o disco duro escribindo:
mount /dev/sdb1 /media/temp/

Supoñendo que o disco que queres montar sexa ‘ sdb1 ’. Preme ‘intro’.

Pode que che pida o tipo de sistema de ficheiros, entón escribe:
mount -t vfat /dev/sdb1 /media/temp

Preme ‘intro’.

Ver vídeo en https://youtu.be/6Tlg_uvHxw4

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *