Crear contrasinais seguras
febrero 17, 20211º- Hai que instalar pwgen
, para iso, entra no terminal coma root.
2º- Escribe:apt-get install pwgen
3º- Preme ‘intro’.
4º- Agora xa podes crear contrasinais seguras aplica esta sintaxe:pwgen length number_of_passwords
Por exemplo:pwgen 24 30
5º- Premendo ‘intro’ aparecerían 30 contrasinais de 24 caracteres cada unha.
Tamén podes botar unha ollada ao meu vídeo en https://youtu.be/5ZHLPE7skpM