Probar como funciona a multitarefa en Linux
febrero 17, 2021Este é un comando que goza dunha especial simpatía miña. Non é que teña moita utilidade, pero é gracioso.
Abre o terminal e escribe:yes
Preme ‘intro’.
Observarás que fai un bucle infinito escribindo unha ‘y’ todo o tempo.
Podes comprobar, que é posible ver un vídeo mentres estase a executar o comando ‘yes
’.
Incluso podes abrir mais terminais executando dito comando e todo funcionará as mil marabillas.
Se ti fas un bucle infinito en Windows, non che vai quedar mais remedio que apagar o PC ao bruto. Quédase colgado.
Isto é debido a que Linux é multitarefa de verdade, executa todas as aplicacións ao mesmo tempo, e Windows, o que fai é simulala. Fai un pouquiño dunha, logo doutra, e así sucesivamente. Si unha non a pode parar, cólgase.
Para parar o comando ‘yes’ preme Ctrl+c
.
Ver vídeo en https://youtu.be/RG_gukxJkFM