PHP

Abrir ficheiro de texto

Sempre que traballemos con ficheiros para escribir, modificar ou ler o seu contido, é imprescindible realizar un proceso que está integrado, alo menos, por tres operacións:

1º – Abrir o ficheiro
2º – Realizar as operacións de lectura e escritura previstas
3º – Pechar o ficheiro

A sintaxe da instrución para abrir ficheiros é:
nome_identificador =fopen(" nome_do_ficheiro "," modo_de_apertura ");

Os modos de apertura poden ser:

r —– Abre o ficheiro para só lectura; sitúa o punteiro do ficheiro ao comenzo do mesmo.
r+ —– Abre o ficheiro para lectura e escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao comenzo do mesmo.
w —– Abre o ficheiro para só escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao comenzo do mesmo e trunca o ficheiro con lonxitude cero. Se o ficheiro non existe, trata de crealo.

w+ —– Abre o ficheiro para lectura e escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao comenzo deste e trunca o ficheiro con lonxitude cero. Se o ficheiro non existe, trata de crealo.

a —– Abre o ficheiro só para escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao final do mesmo. Se o ficheiro non existe, trata de crealo.
a+ —– Abre o ficheiro para lectura e escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao final do mesmo. Se o ficheiro non existe, trata de crealo.
x —– Crea e abre o ficheiro só para escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao comenzo do mesmo. Se o ficheiro xa existe, devolverá False .
x+ —– Crea e abre o ficheiro para lectura e escritura; sitúa o punteiro do ficheiro ao comenzo do mesmo. Se o ficheiro xa existe, devolverá False .

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *