Crear executable para limpar o sistema Debian

febrero 19, 2021 Por admin 0

1º- Entra como root no terminal.

2º- Escribe:

mousepad /usr/local/bin/clean_up

O mousepad é un editor de texto plano, pero podes empregar outro calquera, sempre que sexa de texto plano.

3º- Engade estas liñas:

!/bin/bash

apt clean && apt autoclean && apt autoremove

4º- Garda os cambios e pecha o editor.

5º- Escribe o seguinte comando no terminal:

chmod +x /usr/local/bin/clean_up

Con isto damos permiso de execución ao arquivo.

6º- Preme ‘intro’.

7º- Agora xa podes executar o seguinte comando dende o terminal do root para limpar o sistema:

clean_up

Tamén podes botar unha ollada ao meu vídeo en https://youtu.be/XOAIbMFBTNc