PHP

Funcións creadas polo usuario ou usuaria

Como noutras moitas linguaxes, en Php pódense empregar funcións. As funcións son unha serie de instrucións que realizan unha determinada tarefa. Ás funcións se lles pon un nome que despois pode ser empregado no código da páxina.

Antes de poder empregar unha función no código da páxina, debese definir; é dicir, debese indicar que operacións son as que ten que facer a función. A definición da función é:

function nome_da_funcion ( argumento1 , argumento2,… ){
instrucións que debe realizar a función
}

O código que está pechado entre chaves indica o que realiza a función (por exemplo amosar unha mensaxe de axuda), cada vez que dende o código se chame á función, esta realizará as súas instrucións. Por outra banda os argumentos son variables que algunhas funcións precisan para realizar a súa tarefa.

Para empregar (invocar) unha función no script, basta con poñer o seu nome seguido dos parénteses.

Exemplo:

function erro(){
echo "
Ocorreu un erro ";
}


Neste caso defínese unha función que amosa unha mensaxe de texto.

Para empregar esta función dende o código sería:

erro();

Co cal amosaría a mensaxe de erro.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *