Controlador de fluxo switch con PHP
febrero 19, 2021O código adoita executarse de enriba a abaixo, pero as veces temos que volver atrás, repetir código ou tomar decisións e isto faise coas sentencias de control de fluxo.
Esta sentencia para tomar decisións.
A súa sintaxe é:switch(expression){
case value1:
..instructions
case value:
..instructions
default:
..instructions
}
Switch funciona de este xeito:
Nos parénteses colocase unha expresión a avaliar, e en cada apartado case, colocase un posible valor da expresión. Os valores que se cumpran farán que se executen as instrucións que lles seguen. No caso de que non cumpra ningunha executaríanse as correspondentes ao default (non é obrigatorio poñer este apartado).
Exemplo:$x=12;
switch($x){
case 4:
echo "É catro";
break;
case 8:
echo "É oito";
break;
case 12:
echo "É doce";
break;
default:
echo "Non é ningunha das anteriores";
}
Fai falla poñer a instrución break xa que doutro xeito, cando atopa o valor que cumpre a expresión, executase o seu “case” e os “case” seguintes.
.