Procurar unha cadea dentro doutra con Javascript

febrero 19, 2021 Por admin 0

A sintaxe é:
indexOf(string[,initiation]);

Retorna a posición da cadea interna no texto, tendo en conta que o primeiro carácter é o número 0. O primeiro parámetro é o texto que se procura; o segundo é opcional e indica dende que posición do texto comenza a procurar. Se non atopa a cadea interna, devolve o valor –1.

Exemplo:

var cadea = "Moncho Reboiras";
var subcadea = "Reboiras";
alert(cadea.indexOf(subcadea));

O resultado será 7, xa que a primeira posición do texto (neste caso a ‘M’) é a 0.