Recuperar datos de disco duro ou USB estragado

febrero 19, 2021 Por admin 0

Precisas do paquete testdisk.

Se non o tes instalado, abre o terminal coma root e escribe:
sudo apt-get install testdisk

Agarda ata que remate.
Agora xa podes iniciar a recuperación.
Conecta o dispositivo estragado ao PC.

1º.- Entra no terminal coma root e executa:
sudo testdisk

2º.- Neste punto dará tres opcións:

[Create] para crear un arquivo de rexistro do que vai facendo
[Append] serve para engadir o rexistro de actividade a outro rexistro xa creado
[No log] para non crear rexistro ningún

Elixe o que queiras, pero se elixes [Append], ten en conta que xa debera existir un arquivo de rexistro «textdisk.log«.

3º- Despois aparece unha listaxe de todos os dispositivos de almacenamento atopados. Selecciona o que precisas e preme intro.

4º- Seguidamente hai que seleccionar o tipo de partición. Normalmente testdisk a detecta automaticamente, polo que preme intro e continua.

5º.- Agora, das opcións que aparecen elixe [Analyse] e preme intro.

6º.- Neste intre, aparecen as particións existentes. Selecciona a que queres recuperar e preme intro.

7º.- Volve a premer intro (opción quick search).

8º.- Aquí atopou os cilindros do disco. Preme intro.

9º.- Agora selecciona a partición que queres recuperar e preme intro.

10º.- Agora selecciona o arquivo ou o cartafol que queres recuperar e preme a tecla «c«.

11º.- Finalmente, selecciona o cartafol onde queres que queden gardados os datos recuperados e preme a tecla «c«.

Este proceso pode tardar moito dependendo da cantidade de datos a recuperar. Agarda ata que remate.