Seguridade en Linux
febrero 19, 2021Propoño varias ferramentas para ter mais seguridade no teu Linux.
1º.- Cortalumes gufw
Podes instalalo deste xeito (sempre coma root):apt-get install gufw
Despois execútao e pon o estado a activado, e denegar o entrante.
2º.- Outra potente ferramenta antivirus e antimalware, que limpa ben é ClamAV
, para instalalo:apt-get install clamav
Tamén para escanear e limpar:clamscan -r -i --remove /home
3º.- Lynis
– Auditoría de seguridade e escáner Rootkit
Para instalalo, executa estas 5 instrucións:cd /opt/
wget https://downloads.cisofy.com/lynis/lynis-2.6.6.tar.gz
tar xvzf lynis-2.6.6.tar.gz
mv lynis /usr/local/
ln -s /usr/local/lynis/lynis /usr/local/bin/lynis
Para escanear o sistema executa:lynis audit system
Esta aplicación é unha pasada.
email_alert="1"
Para recibir correos cos resultados dos escaneos.email_subj="subject"
Asigna o asunto ao correo.email_ddr="email"
Para indicarlle o enderezo de correo ao que enviará o correo.quar_hits="1"
Moverá o arquivo infectado ao cartafol de corentena.quar_clean="1"
Deste xeito, eliminanse automaticamente os textos detectadas como malware
, dentro dos scripts.clamav_scan="1"
Empregará ClamAV
como motor de escaneo.
Agora para facer o escaneo executa:maldet --scan-all /
Se tes instalado Sophos
, pode que detecte un falso virus ao trabucarse coa actividade de ClamAV
.
Isto é todo polo momento.