Reparar USB dende o terminal
febrero 17, 20211º- Para detectar o nome do dispositivo dende o terminal do root escribe:
fdisk -l
Preme ‘intro’.
2º- Despois sabendo cal é o dispositivo e supoñendo que é ‘
sdb
‘ (asegúrate non vaias foder outra partición) escribe:
fdisk /dev/sdb
E preme ‘intro’.
3º- Escribe:
o
Isto borra a táboa de particións. Preme ‘intro’.
4º Escribe:
n
Isto crea unha partición. Preme ‘intro’.
5º- Escribe:
p
Isto establece a partición como primaria. Preme ‘intro’.
6º- Escribe:
1
Establece que sexa a 1ª partición. Preme ‘intro’.
7º- As dúas seguintes cousas que vai pedir, é o tamaño, ponlle os que aparecen por defecto (o primeiro e o último).
8º- Escribe:
t
Isto indica que as elixir o formato da partición. Preme ‘intro’.
9º- Escribe:
c
Isto indícalle que a partición sexa
Fat32
. Preme ‘intro’.
10º- Escribe:
w
Para que escriba os datos no USB e saia do
fdisk
. Preme ‘intro’.
Con isto, é moi probable que non estea solucionado o problema, entón queda formatar a baixo nivel.
11º- Se non tes instalado o paquete ‘
pv
‘, instálao escribindo:
apt-get install pv
Preme ‘intro’.
12º- Escribe:
dd if=/dev/urandom |pv| dd of=/dev/sdb bs=4096
Preme ‘intro’.
Agora a agardar. Paciencia.
Finalizado o proceso, o USB queda como saído da fábrica. Agora so falla crear unha táboa de particións e crear e formatar unha partición
Fat32
con
GParted
E listo, se aínda así non funciona, repite todo o proceso.
Ver vídeo en https://youtu.be/64sOT-5acdo