Reproducir DVD orixinal

febrero 17, 2021 Por admin 0

Normalmente, cando se instala Debian, non se poden ver os DVD’s orixinais. Isto é debido a que os fabricantes (por iso dos dereitos de autor), non fornecen ao software libre do firmware, para a súa lectura.
Entón, por desgracia temos que instalar uns paquetes privativos (que non proporcionan o seu código fonte).

Entra coma root no terminal e escribe:
mousepad /etc/apt/source.list

Preme ‘intro’. Abrirase un editor de texto co contido do arquivo. Eu emprego ‘mousepad‘, pero podes empregar outro como ‘gedit‘, sempre que sexa de texto plano. Engade a seguinte liña:
deb http://www.deb-multimedia.org stable main non-free

Garda os cambios e pecha o editor. A continuación recargamos a información dos paquetes do apt así:
apt-get update

Preme ‘intro’ e agarda ata que remate. Despois instala os dous paquetes necesarios así:
apt-get install deb-multimedia-keyring libdvdcss2

Si da un erro de sinaturas, elimina os arquivos do cartafol /etc/apt/sources.list.d

Preme ‘intro’ e cando remate, xa poderás ver vídeos dun DVD.

Ver vídeo en https://youtu.be/IV9U4MjsLpI