Control de erros en Gambas

febrero 18, 2021 Por admin 0

Moitas veces, ben pola acción do usuario ou polo propio fluxo do programa, prodúcense erros como tentar borrar un ficheiro que non existe, unha división por cero, conectar a un servidor que non resposta…etc. En todos estes casos, amosa unha mensaxe de erro e o programa rómpese e deixa de funcionar. É o máis molesto que existe e temos que evitalo por todos os medios. Hai instrucións que detectan estes erros para que a aplicación saiba que facer nestes casos.

As instrucións son:

Try: Executa a sentencia sen saltar o erro aínda que se produza. Pódese saber si houbo erro, consultando a sentencia “Error”, si é true, houbo erro.
Finally: Colócase ao final do procedemento. As sentencias que lle seguen execútanse sempre.
Si existe unha sentencia Finally, ten que estar antes que Catch