Obxectos do navegador con Javascript
febrero 19, 2021Os obxectos do navegador son todos aqueles obxectos que o navegador pon á nosa disposición para poder modificar os elementos das páxinas.Screen
Permite acceder ás propiedades da pantalla do usuario.
As súas propiedades son:width e height.
Respectivamente, anchura e altura total da pantalla.availWidth e availHeight. Respectivamente, anchura e altura dispoñible na pantalla tras restar a barra de tarefas do sistema operativo. Esta medida non é moi exacta xa que non ten en conta a persoalización da usuaria.colorDepth. Número de bits por píxel que emprega a pantalla.
Exemplo:alert("A anchura da pantalla é " + screen.width);Window
Este obxecto, representa a fiestra na cal vese a páxina web. No caso de que a páxina teña marcos, xerarase tantos obxectos window como marcos haxa.
Propiedades.closed. Valor booleano que indica se unha fiestra foi pechada.defaultStatus. Texto que a barra de estado amosará cando se cargue a páxina web (texto por defecto da barra de estado).frames. Array que representa a todos os marcos da fiestra.history. Obtén as ligazóns ás páxinas ás que o visitante accedeu antes de chegar á fiestra actual.location. Almacena información sobre a URL da páxina actual.name. O nome da fiestra.parent. Fiestra “pai” da actual. Se a actual é un marco, parent será a fiestra con etiqueta <FRAMESET>.
Métodos:open(URL,nome_Fiestra,opcions_Fiestra). Abre unha nova fiestra cuxo contido especificase pola URL a unha páxina (este parámetro pode quedar baleiro “”), indicase un nome e, opcionalmente, unha serie de opcións entre comiñas e separadas por comas. Estas opcións son:toolbar. Indica con yes ou no si se amosa a barra de ferramentas.location. Amosa ou non a barra de enderezos.directories. Amosa ou non os botóns de directorio.status. Permite amosar ou ocultar a barra de estado.menubar. Amosar ou non a barra de menús.scrollbars. Indica si se amosan as barras de desprazamento.resizable. Permite axustar o tamaño da fiestra.width. Ancho da fiestra en píxeles.height. Altura da fiestra en píxeles.
Exemplo:
nova_Fiestra=open(“”,”nova”,”toolbar=no,menubar=no,scrollbars=no,location=no,width=180,height=60”);close(). Pecha a fiestra.blur(). Fai que a fiestra deixe de estar activa (a esta acción chámaselle perder o foco).focus(). Fai que a fiestra sexa a fiestra activa (a que ten o “foco”).setInterval(expresión_javascript,milisegundos). Crea un temporizador. O temporizador é un reloxo que cada certos milisegundos (os que se indiquen como segundo parámetro), realiza a tarefa indicada no argumento expresión. La expresión é código JavaScript o cal colócase entre comiñas, normalmente este código é simplemente a invocación a unha función. Esta función devolve un número de temporizador (xa que se poden crear varios) o cal deberá almacenarse nunha variable para posteriores manipulacións.
Exemplo:var tempID;debuxa_Circulo
tempID=setInterval(“();”,1000);
Fai que cada segundo chame á función debuxa_Circulo().clearInterval(id_Temporizador). Cancela o tempo de espera establecido mediante setInterval. Ao chamar a este método hai que indicar como parámetro o número de temporizador que se desexa deter.setTimeout(expresión_javascript,milisegundos). Moi semellante a setInterval. Cando pasan os milisegundos invocados, executase o código do parámetro expresión_Javascript (o cal vai entre comiñas). A diferencia con setInterval é que neste caso só se emprega o código unha vez, non continuamente como ocorre con setInterval. O método devolve un número que debe almacenarse nunha variable.clearTimeout(id_TimeOut). Anula o temporizador establecido anteriormente con setTimeOut.Location
Obxecto incluído dentro do obxecto window. Almacena información sobre a localización da páxina da fiestra e polo tanto permite trocar dinamicamente a páxina web que estase a amosar.href. Especifica o enderezo URL da fiestra.hostname. Especifica a parte da URL na que vai o nome do hosthost. Cuspidiño ao anterior, só que ao final indicase o número de porto.pathname. Especifica a parte da URL na que vai a ruta ao recurso.port. Porto empregado para amosar a páxina.hash. Indica qué marcador da páxina empregouse ao abrir a mesma, se non foi empregado, aparecerá baleiro.protocol. Parte referida ao protocolo da URL.replace(URL). Carga unha nova páxina na fiestra actual indicando a súa URL entre comiñas e ademais tamén reemplaza á páxina anterior na lista do historial. Isto último é a única diferenza entre empregar este método e cambiar a dirección directamente na propiedade href do obxecto location empregado.reload(). Fai recargar a páxina.Document
Este obxecto representa o contido dunha páxina web. Está incluído dentro do obxecto window.
PropiedadesbgColor. Estabrece a cor do fondo.fgColor. Cor do texto.linkColor. Estabrece a cor das ligazóns normais.vlinkColor. Cor das ligazóns visitadas.alinkColor. Cor das ligazóns activas.images. Array que conten todas as imaxes do documento. O índice do array empeza por 0, a imaxe document.images[0] será a primeira que empregou o código.
Exemplo:document.images[0].src =”grafico2.gif”
Fai que a primeira imaxe amose o gráfico «grafico2.gif«.
Tamén pódese empregar cada imaxe na vez de polo número, polo nome (atributo NAME da etiqueta IMG).
Exemplo:document.images[“imaxe1”}.src=”grafico2.gif”
imaxe1 ten que ser o nome exacto da imaxe a cambiar.links. Array que conten todas as ligazóns que empregan o atributo HREF. O orden das ligazóns na matriz é o orden de emprego no código (a primeira ligazón no código será document.links[0].)
Exemplo:document.links[0].href =”http://www.ola.com”
Fai que a primeira ligazón do documento apunte á dirección www.ola.comlastModified. Data da última actualización do documento en xeito de cadea de texto. Algúns servidores non proporcionan este dato.URL. URL del documento. É cuspidiño a empregar location.href.cookie. Escribe ou lee o arquivo de cookies da páxina web. Un arquivo de cookies serve para gardar información sobre o usuario na súa propia máquina, con esta propiedade permítese facelo.
Métodosclear(). Borra o documento.write(texto_HTML). Escribe o texto indicado no documento. Ese texto pode conter si se desexa etiquetas HTML.writeln(texto_HTML). O mesmo que a anterior, só que esta engade un salto de liña tras escribir o texto.close(). Pecha o documento.History
Obxecto que representa aos enderezos das páxinas que quedan almacenados no historial do navegador. Este obxecto está dentro do obxecto window.
Propiedades:length. Número de páxinas almacenadas na actualidade no historial.
Métodosback(). Fai que a fiestra amose a páxina visitada con anterioridade.forward(). Fai que a fiestra amose a páxina seguinte.go(número). Fai que amose a páxina do historial indicada cun número. De xeito que history.go(-1) amosa a páxina anterior e history.go(-3) fai que amose a páxina antepenúltima.Image
Obxecto que representa unha imaxe no documento definida coa etiqueta HTML <IMG> ou co código JavaScript new Image. Todas as imaxes do documento están contidas na matriz de imaxes document.images.
Propiedades:
Son as mesmas que os atributos da etiqueta IMG do HTML, por iso só se comentan:borderheight
hspace
lowsrc
name
src
vspace
width
Este é un exemplo:
var Imaxe = new image(120,87);
Imaxe con ancho=120 e altura=87Imaxe.src=”debuxogris.gif”;
A imaxe amosa o arquivo debuxogris.gifLink
Representa cada ligazón da páxina creada coa etiqueta A. O array document.links conten todas as ligazóns do documento, de xeito que document.links[0] será a primeira ligazón escrita no código.
Propiedades:href. Especifica o enderezo URL de Internet da ligazón.hostname. Especifica a parte da URL na que vai o nome do host.host. Cuspidiño ao anterior, só que ao final indicase o número de porto empregado.pathname. Especifica a parte da URL na que vai a ruta ao recurso.port. Porto empregado para amosar a páxina.hash. Indica qué marcador da páxina empregouse ao abrir a mesma, se non se empregou ningún aparece baleiro.protocol. Parte referida ao protocolo da URL.search. A parte dunha URL que vai detrás do signo ?. Só certas páxinas levan este signo.target. Indica o destino da ligazón (propiedade TARGET da etiqueta A), interesante sobre todo si a fiestra ten marcos.