Os eventos de JavaScript
febrero 19, 2021Un evento é o suceso que ocorre cando o usuario realiza algunha acción. Por exemplo cando o usuario pasa o rato por riba dun obxecto da páxina, cando preme unha tecla,… Incluso algúns eventos non os produce o usuario, senón o navegador, como por exemplo a carga da páxina.
Os eventos colócanse en etiquetas de HTML deste xeito:<etiqueta_HTML atributos… nome_do_Evento=”expresión_JavaScript”>
De tal xeito que cando se produce o evento en cuestión, execútase o código en JavaScript que está entre comiñas.
Exemplo:<A HREF=”cities.htm” onMouseClick=”alert(‘Pulsaches!’);”>
Cando o usuario preme na mensaxe, aparece un cadro de alerta que pon “Pulsaches!”.
Estes son os principais eventos:onClick. Prodúcese cando o usuario fai click no obxecto. Só os vínculos e os botóns dos formularios permiten capturar este evento.onDblClick. Prodúcese cando o usuario fai dobre click co rato. Só os vínculos admiten este evento.onMouseOver. Prodúcese cando o usuario pasa o cursor por enriba do obxecto. Só os vínculos permiten este evento.onMouseOut. Prodúcese cando o usuario sae do obxecto. Só os vínculos permiten este evento.onMouseDown. Prodúcese cando o usuario mantén pulsado o botón principal do rato á vez que se sitúa enriba dun obxecto. Funciona nos vínculos, nos botóns e nas imaxes.onMouseUp. Prodúcese cando o usuario solta o botón do rato. Funciona nos mesmos casos que o anterior.onMouseMove. Prodúcese cando o usuario move o rato.onKeyDown, onKeyPress e onKeyUp. Prodúcense respectivamente cando o usuario preme unha tecla, cando a manten pulsada e cando a solta. Teñen pouca utilidade e poucas etiquetas os admiten.onLoad. Prodúcese cando a páxina estase a cargar. A etiqueta BODY é a axeitada para este evento.onUnload. Prodúcese cando a páxina estase descargando, porque estase a cargar outra ou porque se pecha o navegador. A etiqueta BODY é a axeitada para este evento.onResize. Ocorre cando se muda o tamaño da fiestra. A etiqueta BODY ou a FRAME son as que manexan este evento.onBlur. Prodúcese cando un obxecto perde o foco (deixa de ser o obxecto activo). A etiqueta BODY, os botóns, cadros de formulario e as ligazóns admiten esta propiedade.. Prodúcese cando un obxecto obtén o foco (pasa a ser o obxecto activo). A etiqueta
onFocusBODY, os botóns, cadros de formulario e as ligazóns admiten esta propiedade.onAbort. Prodúcese se o usuario preme o botón Deter mentres se estaba a cargar unha imaxe. A etiqueta IMG é que manexa este evento.onError. Prodúcese cando ocorre un erro. Case todas o permiten, non obstante o seu emprego non parece moi interesante.onChange. Prodúcese cando o usuario muda o contido dun cadro de texto dun formulario.onSelect. Ocorre cando o usuario selecciona texto dun cadro do formulario.onSubmit. Ocorre cando un formulario é enviado ao seu servidor. É pois un evento da etiqueta FORM.onReset. Ocorre cando un formulario é anulado mediante o seu botón Reset. É pois un evento da etiqueta FORM.