CSS

Unidades de medida relativas

Chámanse así porque son unidades relativas ao medio ou soporte sobre o que estase a ver a páxina web, que dependendo de cada usuaria pode ser distinto, posto que existen moitos dispositivos que poden acceder á web, como ordenadores ou teléfonos móbiles. En principio as unidades relativas son mais aconsellables, porque axústanse mellor ao medio co que a usuaria está accedendo á nosa web. Son as seguintes:

em —– a unidade em é relativa á fonte actual coa que se está a traballar por defecto no sistema do usuario. Por exemplo se un visitante ten configurada a fonte por defecto en 12 puntos, 1em será igual a 12 puntos e 2em será igual a 24 puntos.

ex —– 1ex será igual á altura da letra x, segundo a fonte actual do usuario. A altura da letra x xeralmente é a metade da fonte normal.

px —– Un píxel é un punto na pantalla do dispositivo. Dependendo da resolución da pantalla, un píxel pode ser maior ou menor.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *