Funcións creadas polo programador con Javascript
febrero 19, 2021Como noutras moitas linguaxes, en Javascript pódense empregar funcións. As funcións son unha serie de instrucións que realizan unha determinada tarefa. Ás funcións pónselles un nome que despois pode ser empregado no código da páxina.
Antes de poder empregar unha función no código da páxina, débese definir; é dicir, debese indicar que operacións son as que ten que facer a función. A sintaxe da función é:function
nome_da_funcion(
argumento1,
argumento2,
…){
instrucións que debe realizar a función}
O código que está pechado entre chaves indica o que realiza a función (por exemplo amosar unha mensaxe de axuda), cada vez que dende o código se chame á función, esta realizará as súas instrucións. Por outra banda os argumentos son variables que algunhas funcións precisan para realizar a súa tarefa.
Para empregar (invocar) unha función no script, basta con poñer o seu nome seguido dos parénteses.
Exemplo:function erro()
{
alert("
Ocorreu un erro");
}
Neste caso defínese unha función que amosa unha mensaxe de texto.
Para empregar esta función dende o código sería:erro();
Co cal amosaría a mensaxe de erro.